Males de cabeza

Males de cabeza

by Fran Alonso

NOOK Bookedición (eBook - edición)

$9.17

Available on Compatible NOOK Devices and the free NOOK Apps.
WANT A NOOK?  Explore Now

Overview

Males de cabeza, a nova obra narrativa de Fran Alonso, reflexiona sobre ese vento que sopra desde as entrañas da cultura urbana contemporánea e que nos arrastra entre as follas invisibles dunha neurose colectiva. Máis que un libro, Males de cabeza é unha arañeira de seda ácida que se vai tecendo con extremado coidado arredor dun dos temas que máis paixón e inquedanza teñen espertado ao longo do milenio: a tolemia. En Males de cabeza, Fran Alonso deita unha ollada sobre a condición humana, ás veces con tenrura, ás veces con dureza, ofrecéndonos unha visión propia e moderna da tolemia, desa tolemia próxima e contemporánea que a tod@s nos roza. E faino espindo as tensións e contradiccións cotiás do noso tempo e da nosa sociedade e abrindo un coloquio coa tradición literaria e cinematográfica que recrea a loucura. Males de cabeza configúrase como un espello que compendia a obra literaria de Fran Alonso.INDICACIÓNS: Males de cabeza está indicado para provocar a reflexión sobre a depresión e a súa ansiedade asociada, ofrecendo unha visión persoal, moderna e literaria da tolemia. Pode ser útil no tratamento da bulimia nerviosa, nas discusións de parella, nas tensións provocadas polo tráfico, nos ciúmes, na hipocondría, na asunción da angustia, na soidade, nas discusións sobre fútbol e, en casos extremos, na paranoia, esquizofrenia e adiccións varias.

Product Details

ISBN-13: 9788499149615
Publisher: Edicións Xerais
Publication date: 12/01/2015
Series: EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
Sold by: Hachette Digital, Inc.
Format: NOOK Book
File size: 394 KB

Customer Reviews